Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

fálame siempre!
O blog da Chupipandi

Arquivo: Xulio 2009

29/07/2009 GMT 2

...e a toalla seguía alí.

falamesiempre @ 15:22

APARECE A TOALLA ABANDOADA POLA SÚA DONA NA LANZADA

Redacción (A Coruña)
A toalla abandoada pola súa propietaria o pasado domingo no cruce de San Vicente (A Lanzada) foi recuperada horas despois, segundo informa Axencia Falamesiempre Press.
Os feitos tiveron lugar na mañá do día 26, cando a vítima quedou sen vixiancia preto da parada do Castromil e da Oficina de Turismo do cruce. Segundo o SEPROTEX (Servizo de Protección Textil) da Guardia Civil, a toalla foi recuperada horas máis tarde pola súa propietaria, cando casualmente volveu pasar polo lugar dos feitos.
A Fiscalía de Prendas Importadas de Portugal, así como a Oficina de Protección do Paño Menor estudan presentar unha denuncia contra a responsable, N.R.L, natural de Carnota, por "abandono de custodia".
Fontes próximas á acusada sinalaron que non é a primeira vez que incurre neste tipo de irresponsabilidade. A Guardia Civil investiga se a noite anterior a vítima sufriu un episodio semellante.
Toalla recuperada

Como se pode apreciar na fotografía, a toalla atópase en perfecto estado físico, cun xornal do día seguinte ao dos feitos.

Bicos!

Ozo

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis