
Mantened la pandilla unida! é unha das frases míticas da coñecida como A CHUPIPANDI. A moita xente sorpréndelle a relación que seguimos mantendo logo de tantos anos... Aínda que cada vez nos vemos menos -case sempre nas grandes ocasións- para o resto do ano quédanos Internet. Para que non se nos esquezan grandes frases coma fálame siempre, quita o jabán ou botádeme unha corda ou aljo, a época das canicas ou a corda, as tardes no río Tambre, os baños en Testal primeiro, e logo na Aguieira, os primeiros carnés de conducir da pandilla, as pijamadas e churrascadas, os maratóns de pelis, san caetanos varios, o xogo das películas, os bancos redondos da alameda, nin as risas que nos botamos, para iso pretende servir este blog. E para que o/a primeiro/a que se case ou teña algo importante que anunciar o faga a bombo e platillo aquí e lle poidamos preparar unha boa despedida, festa ou o que sexa ;)
A idea (que non sei se sairá adiante, pero que non sexa por intentalo) é que todos poidamos subir fotos, textos, videos e outras perversións a este blog. Nun correo que vos mando vai o nome de usuario e o contrasinal. Hai un correo aberto, falamesiempre@gmail.com, para que a quen lle dea pereza fuchicar no blog envíe o que queira e, que quen se anime, que o suba. O contrasinal tamén vai no correo.
