Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

fálame siempre!
O blog da Chupipandi

17/07/2007 GMT 2

Camping Summer 07

falamesiempre @ 23:28

203180447_692b44771b_o2.jpg

Bueno xente, xa temos o noso primeiro tema a debatir: data do camping de este verán.

Destino posible: San vicente do mar.

Barallabase en principio o fin de semana do 27,28,29, o que estaban apuntados en principio tamén: jose e espe, jose e fátima, sebas e susa, maría, mara, jacobo, e unha servidora.

pao creo q se pasaría a facer unha visita no día... non sabía todavía.

paloma creo q ainda non o sabe...

uhía e javi tampouco.

y qdaba nuria... q ten q presentar un festival de habaneras en pontedeume, esta muller atrévese co q lle voten.

Entón a ver... nuria di de ir o seguinte finde... o do 3,4 e 5 de agosto.

pola miña parte non hai problema, e creo q uhía ven sobre o 30 e ó mellor tamén podería apetecerlle vir... estaría ben.

Así q veña a opinar todos prontiño q hai q facer as reservas.

bicos. La Ces.

15/07/2007 GMT 2

Pandeirada Medieval

falamesiempre @ 22:13

Para que vexades que tamén se poden subir videos... esta exclusiva recén saída do forno, da Feira Medieval deste 2007.
Podes subir o video usando a conta que temos en Gmail (falamesiempre@gmail.com). Despois, vas a "Incrustar este vídeo en tu sitio web o blog", copias o código que che aparece e pégalo como texto dun novo post. Así de sinxelo.
Mais medievais

O blog da chupipandi: 'Mantened la pandilla unida!'

falamesiempre @ 21:33

Corrubedo
Mantened la pandilla unida! é unha das frases míticas da coñecida como A CHUPIPANDI. A moita xente sorpréndelle a relación que seguimos mantendo logo de tantos anos... Aínda que cada vez nos vemos menos -case sempre nas grandes ocasións- para o resto do ano quédanos Internet. Para que non se nos esquezan grandes frases coma fálame siempre, quita o jabán ou botádeme unha corda ou aljo, a época das canicas ou a corda, as tardes no río Tambre, os baños en Testal primeiro, e logo na Aguieira, os primeiros carnés de conducir da pandilla, as pijamadas e churrascadas, os maratóns de pelis, san caetanos varios, o xogo das películas, os bancos redondos da alameda, nin as risas que nos botamos, para iso pretende servir este blog. E para que o/a primeiro/a que se case ou teña algo importante que anunciar o faga a bombo e platillo aquí e lle poidamos preparar unha boa despedida, festa ou o que sexa ;)

A idea (que non sei se sairá adiante, pero que non sexa por intentalo) é que todos poidamos subir fotos, textos, videos e outras perversións a este blog. Nun correo que vos mando vai o nome de usuario e o contrasinal. Hai un correo aberto, falamesiempre@gmail.com, para que a quen lle dea pereza fuchicar no blog envíe o que queira e, que quen se anime, que o suba. O contrasinal tamén vai no correo.

Cumple de Pao en ático

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis