Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

fálame siempre!
O blog da Chupipandi

16/12/2007 GMT 2

Cea de Nadal

falamesiempre @ 21:38

nadal

¡Gingelbel gingelbel, gingel or de güey, or guas fan itis tu ran in de hospen hospen ley... EY!!

Con esta fermosa versión fonética da coñecida panxoliña importada polos yankis, cortesía de Ozo –así a aprendeu con 4 anos e aínda a canta así- coido que podemos considerar oficialmente inaugurado o Nadal no Falamesiempre... Xa sei que no Corte Inglés hai ben tempo que o fixeron e que os concellos que se suman aos apagóns pro aforro enerxético tamén... (Vivir na Coruña que bonito é, pero vivir na Coruña con luces, no te tiene precio...) pero é o que hai. Odio que traten de facernos consumir tan cedo, pero encántanme as ceas e as reunións.

Así que, podemos comezar a barallar datas. A menda lerenda pode calquera día do 24 ao 31, e coido que unha boa data sería o venres 28 ou o sábado 29. Por propor, propoño o restaurante do ano pasado, pero tamén se pode ir ao Valadares, á Manma Mía... Acéptanse suxerencias, que logo queixámonos de que é caro, de que non estaba rico... Pero non esquezades que o caso é verse. Así que agardamos contar cos new madrileños, coa sección asturiana (el camín ye cortu) e ca canaria. Admitimos mesmo gardas civís ;)
Agardo un aluvión de comentarios e de xente apuntándose e dicindo días e lugares.
Por certo, Mariña, que hai desa viaxe a Bilbao?...
Por certo de novo, supoño que os que esteamos por Noia baixaremos o 24 e o 31 a brindar, non?
Beijinhos a todos :*
Nu
Comentarios

Comentarios(10) »

  1. ola amiguiños todos,

    por min estupendo, xuntamonos todos a tomar un caldiño quente.... miña nai que frrrrío fai.

    A miña aposta vai polo sábado 29.

    Beixiños.

    La Ces | 18-12-2007 - 17:22:27 GMT 2 #

  2. Yo digo lo que diga "La Ces"

    Sebastito | 18-12-2007 - 20:07:51 GMT 2 #

  3. perfe, por mi el 28 o el 29, segun queramos salir al mogollon o de trankis y tajarnos nosotros solos por Noia adelante. jajajajjaa

    Mary Crinmah pecadorl!

    jose | 19-12-2007 - 00:52:23 GMT 2 #

  4. Eu podo o 29. O 28 teño outra ca xente da universidade en Santiago.

    Dios!!! Paréceme a min que van a ser dous días bte duros...

    Ciao!

    Braisman | 20-12-2007 - 10:29:27 GMT 2 #

  5. Amigos, mi condición de estudiante perpetuo me permite asistir a la cena en cualquiera de fechas antes mencionadas, asi que esperare pacientemente a que solucioneis el problema y espero que me comuniqueis al decisión final lo antes posible. Un saludo y darle duro al turrón

    arufe | 20-12-2007 - 23:53:48 GMT 2 #

  6. FELICES FESTAS!!!!!

    Eu apúntome para o 29 pois o 28 teño outra cos do traballo, hoxe cos de R,... en fin, unha axenda apretada e perxudicial para a saúde.

    Bicos e apertas!

    La Cativiña | 21-12-2007 - 09:47:05 GMT 2 #

  7. ¿Alguén non pode o 29? Porque é o día, xa que Brais e Susana non poden o venres.O que non poida o sábado 29, que fale agora ou cale para sempre.
    Agora a votar o sitio. ¿Qué sitio propoñedes? De paso, podemos pechar tamén a hora.
    Unha aperta a todos.

    Mara | 21-12-2007 - 18:09:34 GMT 2 #

  8. Bueno. . . pues a la vista de los comentarios (7... (Dio-lo page) y como dice Mara (como buena productora) podemos concretar que un buen dia puede ser el 29 ahora viene donde. Valadares? Mammamia? El que está detrás del Liceo, que el dueño parece italiano, pero seguro que es de Muros?, . . . Venga amigos, hagan sus apuestas!!!

    Jose | 21-12-2007 - 18:24:35 GMT 2 #

  9. Por min perfecto o 29. Hora: ¿entre 10 e 11? Lugar??? Non me importa reservar, pero que alguén se incline por algún sitio... por favor... Por certo, Mara, teño ceíña con Nacho Tresdeseos e Raquel o 28 en Compostela... Xa dixen que si, pero abandono por unha viaxe a Bilbao... Podemos ir do 26 ao 28 e estar á noitiña en Santiago... Ou ir pasar a Noitevella ;). Saimos o 30 e voltamos o 1 á noitiña... (Diabliño incitando)...

    nu | 21-12-2007 - 22:39:27 GMT 2 #

  10. Alguno sabe exactamente cuantos años llevo sin ir en fin de año a Noia???, porque ni yo mismo lo sé. La verdad es que aquí, podría ir a Noia incluso en agosto... pero he pasado esperando que me dejen algo de la navidad... intentaré hacer gestiones urgentes para estar ahí en esas fechas. Oh my god, un fin de año en la Cus Cus, bailando las merengadas de Navidad...un fin de año en el Kabolos cantando en el cutre karaoke...un fin de año del Gran Prix a lo chupipandi... me conformo con lo que se os ocurra :)

    toño roperovich | 03-08-2008 - 08:16:38 GMT 2 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis