Falame Siempre 1º Aniversario!!!
Sí amigos, sí. Xa vai un ano.
Este, o noso blog, que Ozo e Nuria pariron con tanto amor, e que entre todos fomos criando, xa vai facer un ano. Esta marabillosa idea que fai que, ainda que uns estemos por aqui e outros por alá, sempre que nos conectamos a internet, vaiamos ó noso "banco da alameda virtual" a ver quen anda por ahi.
Bueno, pois a min, como tamén son autonomo (igual que Sebas), e teño moito tempo libre, ocurrenseme estas historias, asi que decidin facer un Ranking cos mellores Posts do noso Blog. Neste Ranking, non colaborou ninguén, asi que o xurado fun eu só. Polo tanto se alguén non está de acordo, pois . . . tururi que te vi.
Ó meu entender, non podía ser de outra forma e o Ranking tiña que comenzar co primero post que inauguraba o noso blog: O da Pandeirada Medieval, a cargo de Nuria e Ozo:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2007/07/15/pandeirada-medieval
Como non, seguiron eses desafios estramboticos que tanto nos caracterizaron desde os nosos comezos como Chupipandi, por eso non podía deixar de destacar o Campeonato Tortillero:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2007/08/21/tortilleiros
Despois o noso blog comenzou a adquirir categoria e, outra vez gracias a Ozo, xa puidemos empezar a poder visitalo na compaña de xente de fora da pandilla sen ter que darlle miles de explicacións sobres as nosas ocurrencias tan singulares, xa que el foi o primeiro en achegarnos ó mundo da cultura audiovisual ca súa curtametraxe Auga:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2007/09/18/curtametraxe-auga
Neste momento o blog iba collendo corpo, e foi na memorable festa na casa de Fatima e Jose, donde todos nos reunimos e falabámos entusiasmados das marabillas do "interné". Por suposto, foi ali donde descubrimos que o noso enxeñeiro favorito tiña unhas dotes extrordinarias para o mundo da cancion. Señoras e señores, con vostedes Fátima e Brais cantando "A quien le importa":
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2008/01/13/a-quien-le-importa
Houbo un momento na vida deste blog que eu creo que nos fixo reflexionar a todos, sobretodo ós que nacemos no 78, que foi cando Sebastián fixo o seu post dos trinta anos cunha foto da sua cara formada por moitas fotos pequeniñas de todos nós. Pois sí amigos, xa vamos indo todos detrás . . . Xa casi vamos a ser unha pandilla de trintañeiros, pero bueno, . . . (menos mal que están Brais e Javi e as chicas para baixar un pouca a media):
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2008/01/07/treinta-por-fin-se-acabaron-los-veinte
Chegamos ó ecuador do Ranking. Aqui escollín un post que demostra que estamos nunha pandilla de calidade e de nivelon. Non é outro que a emotiva montaxe que fixo Rebeca cas fotos dos momentos que fomos compartindo durante todos estes anos. Unha montaxe currada que se estreou na comida de Fatima e Jose e que vai pasar á historia como un dos mellores documentos graficos da vida da Chupipandi:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2008/01/04/falademe-siempre
Outra vez Sebastián, esta vez ca inestimable colaboración de Susana (unha parella que xunto a Ozo e Nuria foro un pouco o motor do blog), nos sorprenden con unha felicitacion de Nadal (ó meu entender un pouco "kamasutresca") que sen dúdida nos sorprendeu a todos. Este post merece o recoñecemento, porque ademais de ser orixinal, creo que é o que máis curro ten de todos os que hai publicados:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2007/12/21/bo-nadal
Mais ou menos unha vez á semana, despois de leer o email, o periodico, e todo eso, sempre vou a favoritos e miro se hai algunha novidade no blog. Bueno, a veces hai mais, a veces menos, algun comentario, . . . o normal. Pero para min o post que me deixou flasheado total, foi o de Toño co uniforme da Garda Civil. A verdade é que si tivese que elexir a alguén da pandilla para velar polas liberdades e os dereitos dos españoles, sen ningunha dúbida elexiría ó noso Toño:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2007/12/11/peligro-en-el-cuerpo
Outro novo motivo para presumir de pandilla foi a estrea do primeiro largo do noso Javi (Deboer) con "8 Citas". Unha nova mostra do vinculados que estamos ó mundo do audiovisual. Ai! que tempos aqueles no que éramos "un grupo de jóvenes. . . " metidos na secta de Punto de Xiro. Menos mal que me rescataron os de "Pájaros de Barro", xente independiente, con criterio que renuncia á fama pero nunca perde a sua personalidade creativa:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2008/04/19/xa-nos-cines-8-citas
Un momento memorable no que estivemos bastantes da pandilla, foi no 30 cumplanos de Rubén. Compartimos aquela noite ca pandilla da sua churri, que lle preparou un video-montaxe moi currado, pero un tanto lioso. Recordo pasalo moi ben aquela noite, creo que despois de fin de ano, foi unha das que mellor o pasei en Noia en este ano:
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2008/03/23/e-ruben-cumpriu-30-anos
Bueno amigos por fin o ranking chega ó seu fin. Polo tanto, ahora tócalle o turno ó post que para min foi o número un, o number one, o mais do mais, . . . O DO NOSO VIAXE Á NEVE!!!!. Merece este porto de honor por ser o único post do noso blog (e creo que de todos os blogs de todas as pandillas do mundo) no que niguén deixou comentario algún (exceptuando o que deixou Javi por error promocionando a sua peli). Era un post currado con video de snowboard radical da pandilla (a cargo de Javi Uhia) e todo. Menos mal que os suguinte da acampada tivo mais concurrencia. Pero bueno, que saibades que non vos gardo rencor a ningún, jajajajja.
http://falamesiempre.nireblog.com/post/2008/01/13/nos-vamos-a-la-nieve
Amiguitos e amiguitas, espero que disfrutasedes de este alarde de creatividade (un pouco extenso creo. . .) que me dou a golpe de luns. A verdade é que a idea do blog foi boa. Espero que lle sigamos sacando todo o partido que ten e sobretodo que manteñamos a pandilla unida e que me faledes siempre.
Jose.

Chúzao
del.icio.us
Jose macho, que razón tes cando dis que esto de ser autónomo da moite tempo libre!, aínda que teño que recoñecer que ten o seu punto gracioso... :P
Veña, vémonos na Feira Medieval para discutir de este tema e outros (canto perdeu a Feira sen o posto de chupitos de Berrimes...!!!)
Brais o cantante | 09-07-2008 - 10:30:31 GMT 2 #
Holaaaa...
jose... miña nai, menudo resumen do ano. Sí señor estás feito todo un escritor... siempre fuches un pouco punto de xiro, eso non se pode negar.. je.
Seguro que terías un bo posto de traballo con nuria na Opinión, ou na miña axencia... estamos buscando copy ;)
Bueno pois iso, q gracias polo resumen, que si q é un bo invento, que o pequeno xa cumpliu un ano, que como pasa o tempo, que non somos ninguien... e todas esas cousas.
Bikiños grandes, e como di Pallares, vémonos na feira.
La Ces | 10-07-2008 - 08:41:56 GMT 2 #
si señor, un resumen caralludo, tas feito un escritor...bicos
javi de manle | 17-07-2008 - 00:17:11 GMT 2 #
Que guai, Jose!
eu tiña pensado publicar algo conmemorativo do primeiro ano, pero pilloume traballando en Compostela e sen INTERNET. E isto que fixeches supera as ideas que eu tiña. Graciñas!
O meu voto para o post máis importante do ano vai, sen dúbida, para o video da Ces. Seguro que se tivésemos contadores de visitas en cada post, este arrasaría con diferenza. Ou acaso non é o que vedes todos/as cando estades morriñentos de alameda? Que vos vou coñecendo...
Feliz 1º aniversario. Faládeme siempre!
ozo | 21-07-2008 - 14:04:11 GMT 2 #
Jose, tío, sen palabras...Eu que teño máis tempo libre, e nunca se me ocorrería un resume tan logrado. Eres un artista
MUAAAAA
fato, a outra cantante | 29-07-2008 - 15:53:00 GMT 2 #